SLIDER

martes, 26 de enero de 2016

O xigantesco ollo cósmico de China


Cubrindo unha depresión do terreo de 500 metros de diámetro no Sur de China, o radiotelescopio FAST está chamado a ser o telescopio máis grande do mundo durante décadas. A construción desta mega-instalación científica, que comezou en 2011, entra agora na súa recta final.

O novo radiotelescopio FAST está a ser construído nunha depresión do terreo, pero o diámetro da súa apertura é moito maior, pois alcanza o medio quilómetro. Trátase pois do maior telescopio do mundo de apertura única, e aquí hai que insistir no concepto de 'apertura única', pois mediante a técnica da interferometría conséguese simular aperturas moito maiores grazas á utilización de varios telescopios que, funcionando ao unísono, sitúense a grandes distancias entre si.

FAST dedicará unha fracción do seu tempo buscando posibles sinais de radiofrecuencia que puidesen proceder de civilizacións extraterrestres. Para iso apuntará aos exoplanetas máis 'prometedores', é dicir os de tipo terrestre que estean situados nas zonas de habitabilidade das súas estrelas. Trátase dun proxecto que ampliará o programa estadounidense SETI que vén levando a cabo en gran medida co radiotelescopio de Arecibo, o irmán de FAST.

No hay comentarios:

Publicar un comentario