Guillem Anglada-Escudei e Pedro J. Amado, da Universidade Queen Mary de Londres e do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA) respectivamente, xunto co Observatorio Europeo Austral (ESO), descubriron un planeta similar á Terra, Próxima b. Trátase do máis próximo que poida albergar vida fose do Sistema Solar.
O estudo, publicado na revista «Nature», describe que se trata dun planeta rochoso un pouco máis masivo que a Terra que ten unha temperatura que permitiría a existencia de auga líquida na súa superficie. Cada once días orbita a Próxima Centauri, a súa estrela, que pertence á constelación de Centaurus. Ademais, este astro é o máis próximo á Terra, á parte do Sol, xa que se atopa a pouco máis de catro anos luz.
PREME NA FOTO PARA VER OS RESTANTES CIENTÍFICOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario