SLIDER

jueves, 22 de diciembre de 2016

Os robots de repartición chegan ás rúas de Europa e Estados Unidos


Os 65 robots de repartición da empresa Starship Technologies probáronse xa en 58 cidades (40 delas en Europa) de 16 países do mundo, cruzáronse con máis de dous millóns de persoas e percorreron ao redor de 12.000 quilómetros. "Todo sen incidentes", presume Allan Martinson, director de operacións desta empresa estoniana que foi creada por dúas dos cofundadores de Skype.



Estes aparellos eléctricos miden ao redor de 40 centímetros de alto, teñen seis rodas e están equipados practicamente co mesmo tipo de tecnoloxía que os coches sen condutor. Teñen nove cámaras, dúas canles de audios, sensores de movemento, un sinal GPS e un sistema de mapeado. Son practicamente autónomos, pero teñen operadores remotos que poden tomar o control en calquera momento. "Estamos a probalos baixo control humano. Necesitamos avanzar máis para chegar a unha capacidade de autoconducción perfecta", explica Martinson.




No hay comentarios:

Publicar un comentario