SLIDER

viernes, 6 de octubre de 2017

Nobel de Química 2017 aos pais de "un método guay para ver moléculas"




O xurado declarou o obxecto deste premio como unha revolución. A críomicroscopía resolve o problema de poder observar moléculas biolóxicas na súa contorna natural e sen usar tinguiduras. O microscopio electrónico como tal ten case cen anos, dixeron esta mañá os membros do comité, pero para observar os obxectos require que estes estean ao baleiro.

A criomicroscopía resolve este problema conxelando a mostra cun gas como o nitróxeno líquido ou o propano, con coidado de que non se formen cristais de xeo, capaces de refractar o feixe de electróns do microscopio e distorsionar a imaxe. Este proceso coñécese como vitrificación e Jacques Dubochet (Universidade de Lausana, suíza) foi o creador da técnica de congelamiento ultra-rápido que permitía ver nítidamente co microscopio estas moléculas...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario