SLIDER

martes, 3 de octubre de 2017

Por que as ras venenosas non se envenenan?

A ra Epipedobates anthonyi. A toxina epibaditina convértelle nun animal moi venenoso 



Nun artigo publicado recentemente na revista Science un grupo de investigadores da Universidade de Texas, Austin (Estados Unidos) contestou a estas preguntas. Descubriu unha sinxela mutación no ADN das ras que altera os receptores do sistema nervioso e que evita que se envenenen a si mesmas. Ademais, pescudaron que esta capacidade é difícil de adquirir e que limita a cantidade de animais venenosos.

«Ser tóxico pode ser bo para a supervivencia, porque che dá unha vantaxe sobre os depredadores», explicou nun comunicado Rebecca Tarvin, coautora do estudo. «Así que, por que non hai máis animais tóxicos? O noso traballo mostra que o límite está en se os organismos poden desenvolver resistencia ás súas propias toxinas».

Os científicos investigaron un subgrupo de ras venenosas que usan unha neurotoxina coñecida como epibatidina. É unha substancia que ten unha capacidade analgésica 250 veces máis potente que a morfina pero que resulta tóxica...ler máis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario