SLIDER

sábado, 4 de octubre de 2014

Unha «superlabarada» 100.000 veces máis intensa que as do Sol


O pasado 23 de abril, o satélite Swift, da NASA, detectou a maior, máis quente e máis longa secuencia de labaradas estelares xamais vistas ata o momento nunha anana vermella da nosa veciñanza
O estalido inicial da serie foi máis de 10.000 veces máis potente que a maior labarada solar nunca rexistrada.

"Adoitamos pensar que as maiores labaradas emitidas por unha anana vermella non duran máis dun día, pero o Swift detectou polo menos sete enormes erupcións nun período de menos de dúas semanas", afirma Stephen Drake, astrofísico do Centro de Voos Espaciais Goddard, da NASA.

No seu pico, a labarada alcanzou máis de 200 millóns de graos, máis de doce veces a temperatura que reina no núcleo do Sol.

Esta "superlabarada" produciuse nunha das nosas estrelas veciñas, en concreto nun dos dous membros do sistema binario coñecido como DG Canum Venaticorum, ou DG CVn, a uns 60 anos luz de distancia. As dúas estrelas do sistema son ananas vermellas, con masas e tamaños tres veces menores que as do noso Sol. Ambos os dous astros orbitan un arredor do outro a unha distancia que multiplica por tres a distancia media entre a Terra e o Sol (que é de 150 millóns de km.).

Crean a primeira batería solar do mundo


O dispositivo creado por investigadores da Universidade de Ohio State é unha célula solar e, ao mesmo tempo, unha batería recargable. Ou, como eles a definiron nun artigo publicado en Nature Communications, é a primeira batería solar do mundo.

As claves para ter desenvolvido esta batería solar, que se recarga con nada máis que luz e aire, son, primeiro, un panel de malla solar que permite que o aire poida penetrar na batería, e segundo, un proceso especial para tranferir electróns entre o panel solar e o electrodo da batería. No interior do dispositivo, a luz e o osíxeno permiten diferentes reaccións químicas que cargan a batería.

A invención tamén resolve un problema de moitos anos en canto á eficiencia da enerxía solar, eliminando a perda de electricidade que normalmente se produce cando os electróns teñen que viaxar entre unha célula solar e unha batería externa. Polo xeral, só o 80 por cento dos electróns que saen dunha célula solar acaban chegando á batería. Con este novo deseño, a luz convértese en electróns dentro da batería, polo que case o 100 por 100 é almacenado.

viernes, 3 de octubre de 2014

Potencias. Introducción

Procesos xeolóxicos que forman Cordilleiras

Descobren miles de novas montañas no fondo do mar


Utilizando datos aínda sen analizar de varios satélites, un equipo de investigadores do Instituto Scripps de Oceanografía conseguiu elaborar un novo mapa dos fondos oceánicos do planeta, moito máis detallado e preciso que calquera dos existentes
A nova cartografía revela con detalle as estruturas que repousan nas zonas oceánicas máis profundas e menos exploradas. O traballo publícase esta semana en Science.

O resultado son miles de montañas submarinas cuxa existencia se descoñecía ata agora, e novas pistas sobre a formación dos continentes. O novo mapa ten o dobre de detalle que a versión anterior deste, completada fai xa case dúas décadas.

Elaborado grazas a un novo modelo informático que captura datos gravitatorios do fondo oceánico, o novo mapa xurdiu dos datos achegados polo satélite CryoSat-2, da Axencia Espacial Europea, cuxo obxectivo principal é a observación dos polos, pero que opera continuamente sobre os océanos do mundo; e tamén do satéliteJason, da NASA, que foi reprogramado para medir con detalle o campo gravitatorio terrestre durante o seu duodécimo e último ano de misión.

Para os amantes dos bós documentais...

Para tod@s aqueles que lles gustan os bos documentais de natureza e ciencia, déixolles un enlace dunha páxina que contén unha moi boa colección de documentais.
A páxina en cuestión é a de Docufilia da "La2" de Rtve, unha canle que sempre se caracteriza por emitir grandes documentais.
Pica na imaxe para acceder á páxina e así escoller o documental que che interese.


jueves, 2 de octubre de 2014

Os grupos dos alimentos

Os grupos de alimentos foron creados polo programa de Educación na Alimentación e Nutrición (EDALNU) nos anos 60, esta clasificación era necesaria para dispoñer dunha guía que axude a coñecer como realizar unha dieta equilibrada a toda a poboación.

Os grupos de alimentos están realizados segundo as funcións que cumpren e os nutrientes que proporcionan, é dicir, están agrupados pola súa similitude no aspecto nutricional e composición.

Deste grupo de alimentos representados nunha roda, xorde a Pirámide Nutricional ou a Pirámide da Alimentación Saudable, ferramenta que se utiliza a nivel mundial e que mostra os sete grupos de alimentos e a importancia que teñen na nosa dieta.



Por que as follas cambian de cor en outono?



As follas adoitan ser verdes todo o ano porque acumulan clorofila, un pigmento que se encontra no interior dos cloroplastos. Estes son un compoñente das células vexetais que participa no proceso de aproveitar a enerxía do sol para transformar o dióxido de carbono do aire e a auga do chan en azucres aproveitables pola planta. 
Grazas a estes azucres as plantas poden crecer e custearse o seu funcionamento e no camiño producen un residuo fundamental para a vida, o osíxeno. Todo este proceso coñécese como fotosíntese.

A produción de clorofila require temperaturas cálidas e luz solar. Cando chega o outono e os días fanse máis curtos, a cantidade de luz diminúe e por iso a produción deste pigmento tamén decrece. Como resultado, as follas das plantas de folla caduca, perden a súa coloración verdosa en outono.

Ademais de clorofila, as follas teñen uns pigmentos coñecidos como carotenoides e flavonoides, que poden darlle ás follas as súas cores amarelas, laranxas e vermellas. Entre eles destacan os beta-carotenos, que lle dan a cor laranxa ás cenorias, a luteína, que lle dá a cor amarela ás xemas de ovo, e o licopeno, que lle dá a cor vermella aos tomates.

As cores destes pigmentos adoitan pasar desapercibidos nas follas porque a clorofila os enmascara durante o verán. Pero cando chega o outono, tanto as clorofilas coma os carotenoides e flavonoidesdegrádanse, pero os pigmentos verdes fano máis rapidamente. Por iso, as follas póñense amarelentas, alaranxadas ou avermelladas.