miércoles, 7 de enero de 2015
martes, 6 de enero de 2015
lunes, 5 de enero de 2015
domingo, 4 de enero de 2015
Descobren a primeira ra que dá a luz a cágados en vez de poñer ovos
O herpétólogo Jim McGuire, da Universidade de California Berkeley, observou a primeira proba directa dunha ra que dá a luz a cágados en lugar de poñer ovos. A nova especie foi descuberta hai unhas décadas na Isla de Sulawesi (Indonesia). Especulárase con que daba a luz directa os cágados, aínda que nunca se observara nin o apareamento da ra nin o 'parto'.
"Case todas as ras no mundo - máis de 6.000 especies - teñen fecundación externa, pola cal o macho expulsa os espermatozoides a medida que os óvulos son liberados pola femia", explica McGuire. "Pero hai un montón de modificacións estrañas a este modo estándar de apareamento. Esta nova ra é só unha de 10 a 12 especies nas que evolucionou a fecundación interna, e delas, é a única que dá a luz a cágados en lugar de ranitas ou de poñer ovos fertilizados".
McGuire e Ben Evans, da Universidade McMaster en Ontario, Canadá, nomearon á especie Limnonectes larvaepartus e descríbena na revista PLoS ONE.
sábado, 3 de enero de 2015
Por que o sal evita que as beirarrúas se convertan en «pistas de patinaxe»?
O sal ao mesturarse co xeo acelera o seu desxeo devolvéndoo ao seu estado líquido. É importante botala antes de que se formen placas xeadas xa que así a auga baixa o seu punto de conxelación dende os 0ºC ata os -21ºC.
Sal fino ou sal gordo?
Úsase sal gordo porque tarda máis en diluírse coa auga, o que se traduce nunha maior duración de prevención do asfalto
É o mesmo sal que temos para cociñar?
Non exactamente. O cloruro sódico, tamén coñecido como sal común, é o composto máis empregado para facer transitables as rúas, pero non o único xa que tamén se engaden algunhas impurezas adicionais co obxectivo de transformar o comportamento da molécula en hidrófilo (que teña afinidade pola auga). Ademais, hoxe en día combínanse ademais produtos coa mesma función, para así reducir o impacto negativo que provoca o sal tanto no medioambiente coma na conservación do pavimento.
viernes, 2 de enero de 2015
Vértebras fabricadas con impresoras 3D
Chegará o día no que o tratamento a determinadas enfermidades pase polo uso das chamadas impresoras 3D. A través desta tecnoloxía poderán crearse órganos, tecidos e prótese 'á carta'. Mentres este proceso continúa en investigación con animais, xa se están a realizar experimentos puntuais en humanos. O último, no Hospital da Universidade Zhejiang (en Hangzhou, China). Un paciente de 21 anos, Wang Lin, que sufría un tipo de tumor extremadamente raro na súa columna vertebral, beneficiouse dunha prótese á medida, deseñada en laboratorio a partir dunha impresora láser de terceira dimensión.
A partir dun escáner das vértebras de Lin, un programa de deseño asistido por ordenador permitiu trazar as dimensións exactas da peza metálica que requiría o paciente. A información deste modelo virtual transfírese a unha máquina, a impresora 3D, que se encarga de fabricar a estrutura metálica. "Capa a capa, fonde o titanio con láser, pero mantendo os perfís do ficheiro informático", ata lograr un implante de axuste perfecto. É unha especie de lámina reticulada, lixeira e flexible que os cirurxiáns inseriron na columna de Lin (a través dunha incisión no peito), despois de 'limpar' a zona afectada. "A operación foi todo un éxito e espérase que o paciente se recupere completamente", remarcan. Sobre todo, tendo en conta, ademais, que o material elixido para o deseño da prótese foi o titanio, "un material contra o que o sistema inmunolóxico do corpo humano non trata de loitar".
Non é a primeira vez que se implantan vértebras fabricadas con impresora 3 D nun paciente. O pasado mes de agosto, o hospital da Universidade de Beijing fíxoo cun neno de 12 anos afectado por un tumor. Os médicos substituíron a vértebra enferma por outra construída con titanio.
jueves, 1 de enero de 2015
Os monos feridos por Fukushima
O Parque Natural de Jidokudaki Yaen Koen. Situado na prefectura de Nagano, no corazón do Alpes xaponeses, aquí vive o macaco das neves, unha das máis singulares especies de primates que existen. Ata a data parecía non ter maiores problemas que os habituais conflitos cos agricultores. O accidente nuclear de Fukushima puido cambiar esta tendencia, pois os efectos da radiación xa se detectaron nos seus organismos.
Este primate, emparentado co macaco de Xibraltar, é o que vive máis ao norte do planeta, coa excepción do ser humano. Tamén chamado macaco ou mono das neves e macaco de cara vermello (Macaca fuscata), o macaco xaponés é un mono catirrino que colonizou os bosques e montañas do arquipélago xaponés, salvo a illa de Hokkaido, a situada máis ao norte e cun clima demasiado frío para a especie.
Este primate, emparentado co macaco de Xibraltar, é o que vive máis ao norte do planeta, coa excepción do ser humano. Tamén chamado macaco ou mono das neves e macaco de cara vermello (Macaca fuscata), o macaco xaponés é un mono catirrino que colonizou os bosques e montañas do arquipélago xaponés, salvo a illa de Hokkaido, a situada máis ao norte e cun clima demasiado frío para a especie.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





