A voracidade do insecto pillou co pé cambiado ás Administracións, que aínda non foron aínda quen de declarar a velutina como especie exótica invasora. Aínda que cada ano a cifra de niños localizados e exterminados é maior, con centos de persoas implicadas no trampeo e na retirada de avespeiros, non parece haber unha relación directa entre o éxito das capturas e o freo no avance da especie. Os propios coñecedores da situación, reunidos o mes pasado en Santiago, concluíron que a erradicación era “practicamente imposible”, ao tempo que reclamaban máis recursos e unha maior implicación da Xunta de Galicia para abordar o problema...máis.
lunes, 24 de diciembre de 2018
domingo, 23 de diciembre de 2018
Científicos de Vigo, nun achado que cambia a historia das flores na Terra
A plataforma para a comunicación da investigación eLife publicou An unexpected noncarpellate epigynous flower from the Jurassic of China (Unha flor inesperada do Xurásico en China), un artigo que dá conta do descubrimento en China de espécimes fósiles dunha flor denominada Nanjinganthus dendrostyla, que se remontan ao Xurásico temperán, hai máis de 174 millóns de anos, o que adiantaría a orixe das flores 50 millóns de anos antes do que se pensaba ata o de agora. O artículo de acceso aberto, froito dun traballo desenvolvido durante case tres anos, está coordinado polo investigador Xin Wang, da Chinese Academy of Sciences e asinado por outros 10 científicos, sete de centros de investigación asiáticos, un australiano, e polos investigadores do Grupo XM-3 Basan Group da Universidade de Vigo José Bienvenido Diez e Manuel García Ávila. Así mesmo, no traballo previo de datación palinoestratigráfica participou o doutorando Artai Antón Santos.
Ademais o descubrimento dun gran de pole de anxiosperma triásico (arredor de 240 millóns de anos) e a aparición de rexistros de insectos polinizadores desde o Triásico Superior redundarían na mesma liña”, apunta o investigador da Universidade de Vigo...máis.
Arteriosclerose - Explicación
A arterioesclerose é unha doenza dexenerativa que afecta ás arterias de xeito progresivo, crónico e xeneralizado. Prodúcese por unha acumulación de graxa nas camadas internas da arteria que provoca o seu endurecemento e mesmo a calcificación; isto supón o estreitamento da luz pola que pasa o sangue e, en último lugar, a oclusión da arteria.
sábado, 22 de diciembre de 2018
Regreso a Panxea
A fragmentación de Pangea foi un vector esencial da evolución dos animais, e a súa reunificación no futuro afastado o será igualmente. Cos datos paleontolóxicos na man, é sumamente improbable que os humanos sigamos aquí dentro de 200 millóns de anos –as especies mariñas máis lonxevas nunca pasaron dos cinco millóns de anos—, pero é moi posible que a vida terráquea aguante incluso as nosas agresións máis disparatadas e siga medrando. E mesmo que unha especie máis intelixente que a nosa herdase o mundo. Le en Materia como será a Terra cando se forme o seguinte supercontinente, que probablemente se chamará Novopangea, se é que aínda hai alguén aí que poida poñerlle un nome. Mesmo se non é así, os efectos da xeoloxía sobre a evolución serán enormes, como xa o foron no pasado.
Fai 300 millóns de anos, todos os continentes estaban unidos nunha soa masa de terra firme chamada Pangea. Cincuenta millóns de anos despois...máis.
viernes, 21 de diciembre de 2018
Matemáticas para protexer a democracia
É a táctica do gerrymandering. "Hai casos nos que se utilizou para propiciar avances sociais e garantir a representatividade de minorías raciais, pero a súa intención habitual é obter beneficios políticos", indica Carmen Méndez, coordinadora do máster de Estudos Americanos da Universidade Complutense de Madrid.
Aínda que o termo gerrymandering inventouse en EE. UU., o fenómeno tamén “pode darse de forma excepcional noutros países como Francia e Italia”, indica Méndez. Con todo, en España non: “As fronteiras dos distritos electorais están baseadas nun deseño provincial da Constitución de 1978 e non se poden modificar para as eleccións xerais nin para outras votacións”.
Nos países nos que se aplica, esta estratexia pode...máis.
As arterias coronarias
As arterias coronarias son as arterias que irrigan o miocardio do corazón. Orixínanse nos seos de Valsalva da arteria aorta, a cal regula o fluxo de sangue desde o ventrículo esquerdo cara á aorta. Son dous: a arteria coronaria dereita e a arteria coronaria esquerda.
jueves, 20 de diciembre de 2018
Científicos españois fan levitar varios obxectos á vez só con son
A levitación acústica de múltiples obxectos e de forma independente xa é posible grazas ás pinzas acústicas holográficas desenvoltas polo investigador Asier Marzo da Universidade Pública de Navarra e o profesor Bruce Drink da Universidade de Bristol (Reino Unido).
Os autores poden mover partículas de ata 25 milímetros mediante ondas ultrasónicas producidas por dous conxuntos de 256 emisores de son (de 1 cm de diámetro cada un), cos que logran manipulalas de forma individual, simultánea e en tres dimensións. Os detalles destas pinzas acústicas publícanos na revista PNAS.
«Os emisores emiten coa mesma amplitude e frecuencia pero con distinta fase», explica Marzo a Sinc, «e un algoritmo controla a fase de cada emisor para que se cre o campo acústico que permita capturar as partículas nas posicións desexadas».
Noutras palabras, o son é...máis.
Replicación do ADN
Na replicación semiconservativa orixínanse dúas moléculas de ADN, cada unha delas composta dunha hebra do ADN orixinal e dunha hebra complementaria nova. Noutras palabras o ADN fórmase dunha hebra vella e outra nova. É dicir que as hebras existentes serven de molde complementario ás novas
miércoles, 19 de diciembre de 2018
A foto máis cercana ao Sol
A imaxe, tomada polo instrumento WISPR (xerador de imaxes de campo amplo para a sonda solar) da Parker, mostra unha serpentina coronal, vista sobre o extremo leste do Sol o pasado 8 de novembro. As serpentinas coronales son estruturas dentro da atmosfera do Sol, a coroa, que usualmente cobren rexións de maior actividade solar.
A estrutura fina da serpentina é moi clara, con polo menos dous raios visibles. A Parker estaba a aproximadamente 27,1 millóns de quilómetros da superficie do Sol cando tomou a instantánea. O obxecto brillante preto do centro da imaxe é Mercurio, e os puntos escuros son o resultado da corrección de fondo.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)








