SLIDER

lunes, 28 de octubre de 2013

A mastigación

Ao levar á boca e masticar o alimento prodúcese unha abundante secreción de saliva, isto débese a unha acción reflexa conxénita ou incondicionada. A secreción de saliva é unha resposta á estimulación directa das células do gusto ou da mucosa bucal.
A secreción da saliva prodúcese tamén doutra forma. A boca faise auga á vista do alimento ou ao advertir o cheiro e, ata, ante a soa idea da comida, especialmente cando temos fame. Os experimentos de Pavlov demostran que no reino animal existe tamén relación entre os conceptos abstractos e a secreción salival en condutas apresas.

A cantidade de saliva que segrega cada día un home adulto varía, en xeral, entre 1.000 e 1.500 cc. A saliva componse nun
99% de auga, e a exigua cantidade de material disolto nela está constituído, esencialmente, pola mucina, unha sustancia que dá unha determinada viscosidad ao líquido salivar, e por un enzima, a ptialina.


No hay comentarios:

Publicar un comentario