SLIDER

martes, 22 de octubre de 2013

Os Glaciares: Perito Moreno - Arxentina

O glaciar Perito Moreno é unha grosa masa de xeo situada no departamento Lago Arxentino da provincia de Santa Cruz, no sudoeste da Arxentina, na rexión da Patagonia.
Este glaciar orixínase no campo de xeo Patagónico Sur. No seu descenso, alcanza o brazo Sur do lago Arxentino, cunha fronte de 5 km de lonxitude, aflorando sobre a auga cunha altura duns 60 m.

No seu avance represa as augas do brazo Rico do lago Arxentino, co que o nivel daquel chega a elevarse ata 30 m sobre o do lago Arxentino, facendo presión sobre os xeos. 
En primeiro lugar créase un túnel cunha bóveda de máis de 50 m polo que as augas do brazo Rico descenden ata o lago Arxentino. 
A erosión causada pola auga provoca finalmente a derruba da bóveda, nun dos espectáculos máis impoñentes que poidan presenciarse.



No hay comentarios:

Publicar un comentario