SLIDER

viernes, 18 de octubre de 2013

As Montañas Rochosas. América

As Montañas Rochosas forman a cadea alpina máis importante do territorio norteamericano. A súa extensión (case 5000 kms) vertebra o continente de norte a sur, nacendo en Canadá e morrendo en México.

A cordilleira xerouse debido aos movementos tectónicos cenozoicos englobados dentro da oroxenia laramide, aproximadamente entre 80 e 55 millóns de anos. Os cales pregaron potentes espesores de sedimentos, dando lugar a unha paisaxe alpina de gran riqueza e peculiaridade xeográfica.

Grazas á serie de History Channel "Así fíxose a Terra", a cal levamos seguindo dende hai tempo, presentámosvos outra entrega, esta vez dedicada ás maxestosas montañas de Norte América.




No hay comentarios:

Publicar un comentario