SLIDER

domingo, 30 de marzo de 2014

Entrevista con Jef Boeke: xenetista que liderou a fabricación do primeiro cromosoma sintético



  • «Non, definitivamente isto non é crear vida artificial», explica sobre o seu logro de construír un cromosoma e introducilo nunha célula de fermento. «É como crear un novo programa de software e metelo no ordenador».
  • «Nós fomos capaces de escribir capítulo a capítulo, podemos escribir diferentes libros. Craig Venter escribiu un libro dunha vez». A consecuencia, segundo Boeke, é que o resultado foi que Venter«acabou creando algo moi conservador, unha bacteria moi similar á bacteria real, o que non conduciu directamente a desenvolver outros liñas de traballo útiles».
  • «Ante todo, unha gran plataforma para a investigación de bioloxía básica e para a creación de produtos biotecnolóxicos»
  • «Onde si se conseguirán grandes melloras é en terapia xénica, dentro de cinco ou dez anos», recoñece o investigador, cuxo traballo tamén podería permitir o avance no deseño e produción de antibióticos.
  • «Hai quince anos, nunha cafetaría da Universidade de Stanford discutía cun colega se algún día sería posible sintetizar o xenoma. Parecíanos unha loucura, algo imposible. A ciencia cada vez sorpréndenos máis, é imposible saber que será o próximo», conclúe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario