SLIDER

martes, 4 de marzo de 2014

Un virus xigante sobrevive conxelado 30.000 anos


Un novo tipo de virus xigante, bautizado «Pithovirus», sobreviviu máis de 30.000 anos conxelado, nunha capa de permafrost siberiano do tempo da extinción do home de Neandertal, segundo un estudo publicado este luns.

Este antigo virus, capaz de afectar a amebas pero inofensivo para os humanos e os animais, eleva a tres o número de familias de virus xigantes coñecidas, segundo os autores da investigación publicada pola revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS).

Descuberto no chan permanentemente xeado do extremo nordés siberiano, na rexión autónoma de Chukotka, Pithovirus é moi distinoaos virus xigantes coñecidos ata agora, como Mimivirus (da familia Megaviridae), o primeiro xigante descuberto en 2003, ou os Pandoravirus, descritos na revista Science o pasado xullo.

Os virus xigantes (dun diámetro superior á 0,5 millonésima de metro) son, ao contrario que outros virus, doadamente visibles cun simple microscopio óptico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario