SLIDER

viernes, 26 de junio de 2015

Descuberto un novo exoplaneta con cola de cometa


Un equipo internacional de científicos descubriu un exoplaneta que posúe unha cola de cometa. 
Segundo explica un artigo publicado en «Nature», trátase dunha nube de hidróxeno que escapa do mundo --que ten o tamaño de Neptuno-- e que lle confire unha estraña forma.

Tal fenómeno non só axuda a explicar a formación de Super-Terras quentes e rochosas, senón que tamén pode actuar potencialmente como un sinal para detectar océanos extrasolares, segundo indicaron os expertos. Ademais, cren que se pode utilizar o descubrimento para prever o futuro da atmosfera da Terra.

O responsable do traballo, David Sing, da Universidade de Exeter, sinalou que este «escape» de gas se viu no pasado en grandes exoplanetas xigantes gasosos, así que foi unha sorpresa «observar que isto tamén acontece nun planeta moito máis pequeno».

Cunha masa de aproximadamente 23 veces a da nosa Terra, este estraño mundo está situado a 33 anos luz de distancia. Chamado «GJ436b», este mundo xira arredor da súa estrela en só tres días e ten unha atmosfera que deixa tras de si un rastro xigantesco de hidróxeno. 
Utilizando o telescopio espacial Hubble, os científicos foron capaces de ver a sombra desta nube de hidróxeno cando pasa por diante da estrela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario