SLIDER

sábado, 6 de junio de 2015

En busca do epixenoma humano


Co Proxecto Xenoma humano, os científicos puideron ler as secuencias dos xenes e as rexións situadas entre eles. Dende entón, e coma se de súpeto tivesen conseguido un mapa básico dos xenes, foi máis sinxelo investigar a base xenética das enfermidades e a función do ADN humano. Pero en realidade a xenética é moito máis complicada que iso. Non só o funcionamento do organismo e os seus propios erros son resultado da interacción de complexas redes xénicas, e case nunca debidos á acción de xenes illados e independentes, senón que a regulación do ADN, a epixenética, xoga un papel clave.

O estudo, publicado en «Nature», resume os cambios químicos que etiquetan o ADN de 18 órganos procedentes de catro persoas distintas.

«Queriamos facer unha valoración xeral de que aspecto ten oepigenoma nos órganos humanos, prestándolle especial atención á metilación do ADN (unha das etiquetas fundamentais, que permite activar ou desactivar os xenes)», explicou Joseph R. Ecker, o líder da investigación e director do Laboratorio de Análise Genómico del Instituto Salk.

Tal como se esperaban, os científicos verificaron que os xenes menos necesarios de cada célula estaban máis inactivados por medio da etiqueta da metilación (cando hai que activalos, esta etiqueta retírase). Por exemplo, a través desta marca, as células do fígado inactivan os xenes necesarios para as células da retina.

Con todo, parece que a partir dun puñado de mostras se fixo evidente o pouco que se sabe ata agora da epixenética, é dicir, de como se etiquetan os xenes para que as células poidan lelos. Tendo en conta o importante que é isto para o funcionamento correcto do organismo, é evidente que será clave para entender as causas das enfermidades. Neste sentido, Joseph R. Ecker considera que se podería imaxinar un escenario en que, «se alguén ten un problema, se lle faga unha biopsia non só para caracterizar os xenes das súas células, senón tamén o seu epigenoma». Poderase trazar un mapa para non se perder no medio de toda esta complexidade?

No hay comentarios:

Publicar un comentario