SLIDER

viernes, 5 de junio de 2015

Un segundo código xenético podería explicar a orixe da vida


No principio, só había substancias químicas... e a partir delas xurdiron aminoácidos que, eventualmente, deron lugar ás proteínas necesarias para crear as primeiras células vivas. Despois, co paso do tempo, esas células fóronse unindo para converterse en plantas e animais.

Esta é a versión máis aceptada da orixe da vida. Recentes investigacións mostraron como a «sopa primordial» puido crear os «ladrillos» necesarios para construír aminoácidos, e existe tamén un amplo consenso científico sobre como foi a evolución dende a primeira célula viva ata chegar ás plantas e os animais.

Pero ninguén conseguiu explicar aínda como aqueles primeiros aminoácidos lograron ensamblarse nas proteínas necesarias para poñer en marcha as primeiras células vivas. Agora, Richard Wolfenden e Charles Carter, da Universidade de Carolina del Norte, lograron botar algo máis de luz sobre a transición dos «ladrillos da vida» ás primeiras formas realmente vivas, hai preto de 4.000 millóns de anos.

En dous artigos diferentes publicados en Proceedings of theNational Academy of Sciences (PNAS), os investigadores opóñense á teoría que sostén que o ARN, xurdiu espontaneamente da «sopa primordial» de aminoácidos e elementos químicos para construír primeiro proteínas moi curtas (péptidos) e máis tarde as primeiras células vivas.

Wolfenden e Carter, non obstante, argumentan que o ARN non puido traballar só. De feito, é igual de probable que o ARN catalizase a formación de péptidos como o contrario, que os péptidos permitiran a formación do ARN. O achado engade unha nova capa á historia de como a vida conseguiu evolucionar na Terra hai miles de millóns de anos.


«A colaboración entre o ARN e os péptidos -engade Carter-probablemente foi necesaria para que a complexidade emerxese de forma espontánea. Na nosa opinión, foi un mundo de péptidos eARN, e non só un mundo de ARN».

No hay comentarios:

Publicar un comentario