SLIDER

domingo, 21 de junio de 2015

Científicos xaponeses logran que peixes femia produzan esperma e fertilicen ovos


Un grupo de investigadores xaponeses, dirixidos polo Instituto Nacional de Bioloxía Básica, lograron con anular un só xene dos peixes de arroz nipóns (coñecido como «medaka», a nivel local) que as femias desta especie produzan esperma ensus ovarios, e que este resulte completamente saudable e logre fertilizar ovos. Esta noticia foi recollida polo blog especializado en ciencia IFLScience.

Este logro obtivérono os científicos nipóns tras identificar o xene foxl3, que para efectos prácticos funcionaría como un interruptor xenético, e que determina que as células xerminais, aquelas que son precursoras dos gametos, se poidan converter en óvulos ou espermatozoides.

Un dos coautores da investigación realizada sobre o peixe de arroz xaponés, Minoru Tanaka, asegurou que «mentres que as células xerminais poden converterse tanto en esperma coma en óvulos, o que ninguén sabía é que no caso dos vertebrados este tipo de células posúen un mecanismo para decidir o seu propio destino como óvulo ou esperma». Ademais, Tanaka engadiu que os resultados do seu estudo «indican que unha vez que a decisión se toma, as células xerminais chegan ata o final: Creo que é moi importante que se encontrase este mecanismo».

No hay comentarios:

Publicar un comentario