O 20 de maio de 2010 a revista Science publica unha noticia histórica: John Craig Venter, e o seu equipo lograron crear unha célula bacteriana co xenoma sintético ou artificial.
Para iso crearon un xenoma totalmente artificial nun laboratorio. En concreto, os investigadores fabricaron nunha máquina do seu laboratorio todo o xenoma da bacteria 'Mycoplasma mycoides' baseándose nunha copia do da bacteria orixinal.
Despois de fabricar o xenoma artificial, baleiraron unha célula doutra especie de bacteria do mesmo xénero, Mycoplasma capricolum, e introducírono nesta célula recipiente.
A partir dese momento a bacteria hóspede, só expresaba as proteínas da bacteria sintetizada e as súas características eran as que confería o xenoma sintético fabricado no laboratorio, polo que se convertía nunha especie diferente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario