En poucas ocasións unha empresa pode presumir de nacer e se desenvolver case exclusivamente co apoio da universidade. Pero este é o caso de Situm, a compañía creada hai dous anos por seis socios -tres alumnos e tres profesores- procedentes de cada unha das tres universidades galegas. Un traballo previo de investigación naUniversidade de Santiago ao longo de cinco anos desembocou na creación dunha spin-off que a pesares da súa curta vida xa está a competir con éxito no mercado internacional de tecnoloxía para xeoposicionamento en interiores. O desenvolvemento dunha tecnoloxía punteira fíxolle gañar varios premios, entre eles a primeira edición do Galicia Spin-off na categoría Idea Emerxente.
Victor Alvárez, CEO de Situm, explica que os tres alumnos universitarios comezaron as súas investigacións no campo da robótica, co obxectivo de que un robot fose capaz de saber onde están as persoas e de calcular os seus movementos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario