Un equipo internacional de geólogos, paleontólogos e nanotecnólogos acharon unhas estruturas tubulares e filamentosas que, segundo interpretan, representan bacterias fósiles. E acháronas nunhas rocas canadenses (o cinto Nuvvuagittuq) que proveñen de fumarolas hidrotermales do fondo oceánico de fai 3.770-4.280 millóns de anos. A Terra ten 4.500 millóns de anos, de modo que estes microfósiles representan as evidencias de vida máis antigas das que hai constancia ata agora. E xa non queda moita marxe para seguir viaxando cara ao pasado.
TUBOS DE HEMATITA NUNHA FUMAROLA |
Os microfósiles máis antigos confirmados ata agora teñen 3.500 millóns de anos. Iso é 1.000 millóns de anos despois da orixe da Terra, pero os primeiros centos de millóns de anos do planeta foron un verdadeiro inferno xeolóxico. No Sistema Solar recentemente formado, o diluvio permanente de meteoritos, cometas e outros obxectos celestes aínda maiores "como o que nos arrincou a Lúa dun só e brutal impacto" xeraron unhas condicións non xa incompatibles coa vida, senón mesmo cos procesos químicos que a precederon.
A datación dos fósiles máis antigos da Terra sufriu considerables bandazos nos últimos tempos. Hai 15 anos, era común na literatura científica citar as alfombras bacterianas descubertas por William Schopf, e datadas en 3.900 millóns de anos. Máis tarde os geólogos puxéronas en cuestión, pois descubriron mecanismos abióticos (independentes da vida) capaces de xerar esas arquitecturas. Desde entón, os fósiles bacterianos máis antigos, e aceptados por todos os paleontólogos, datáronse en 3.500 millóns de anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario