SLIDER

lunes, 20 de marzo de 2017

Este é o aspecto da planta máis antiga da Terra

Fuente: ABC Ciencia
Científicos do Museo de Historia Natural de Suecia descubriron un fósil dun alga vermella, un tipo de planta primitiva, de 1.600 millóns de anos de antigüidade. O achado, publicado recentemente en PLOS Biology, indica que a vida multicelular apareceu polo menos 400 millóns antes do que se pensaba ata agora.

«Isto atrasa o reloxo dun dos eventos evolutivos máis importantes: o anterior fósil máis antigo de planta, un alga vermella chamada Bangiomorpha, ten ao redor de 1.200 millóns de anos». Explicou a ABC Stefan Bengtson, coautor do estudo. «Os novos descubrimentos suxiren que a vida multicecular apareceu polo menos mil millóns de anos antes que a explosión do Cámbrico, cando os organsmos multicelulares diversificáronse e adquiriron un papel moi importante nos ecosistemas. Por iso deberiamos reevalular o momento en que apareceron as liñaxes máis importantes da árbore da vida».

Os investigadores atoparon dous fósiles distintos nunhas rocas sedimentarias situadas no distrito de Chitrakoot, na rexión central de India. Un tiña forma de fío e outro unha forma máis irregular. En ambos os casos, os científicos puideron observar a presenza de estruturas celulares, como filamentos e feixes, que non poden atoparse nas formas de vida máis primitivas: as bacterias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario