SLIDER

miércoles, 22 de marzo de 2017

Descuberta a primeira ra que brilla na escuridade

La rana puntuada emite parte de la luz que le llega desde la Luna - JULIAN FAIVOVICH/CARLOS TABOADA/PNAS

Un equipo de investigadores brasileiros e arxentinos descubriu o primeiro anfibio que brilla na escuridade. Trátase dunha ra xa coñecida pero cuxa capacidade de fluorescencia, unha propiedade que teñen algunhas sustancias de reflectir luz con maior lonxitude de onda que a recibida, non era coñecida. Os estudos sobre este fenómeno foron publicados recentemente na revista «Proceedings of the National Academy of Sciences» (PNAS).


Este anfibio brillante é a ra puntuada, ou Hypsiboas punctatus, unha especie que vive en montañas, pantanos, marismas, bosques tropicais e subtropicales, de varios países de Sudamérica, como Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, etc.


Totalmente fascinados, os científicos estudaron a pel e os pigmentos da ra en profundidade. Grazas a isto, descubriron que a ra emitían unha importante cantidade de luz: entre o 18 e o 29 por cento da luz da Lúa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario