SLIDER

lunes, 25 de noviembre de 2013

Análise de sangue

Tema 4 Bioloxía 3º ESO

A análise de sangue é unha das probas médicas máis utilizada e de maior importancia na práctica clínica. Consiste en extraer unha pequena cantidade de sangue venoso do paciente, que despois é transportada ao laboratorio para analizala e determinar a súa composición.

Para a maioría dos exames o sangue é usualmente obtido da vea do paciente. Non obstante, outros exames de sangue especializados, tales como a gasometría arterial, requiren que o sangue sexa extraido dunha arteria
A gasometría arterial do sangue é usada primariamente para monitorear os niveis do dióxido de carbono relacionados coa función pulmonar. 

Nunha analítica podemos encontrar numerosos datos, moitos dos cales poden soarnos a chinés dadas as súas siglas e diferentes cifras. Normalmente, os que máis se solicitan para o estudo son o hemograma e a bioquímica sanguínea:

. Hemograma: é un estudo cuantitativo que avalía a concentración de cada un dos elementos celulares do sangue. Tamén comproba se as células teñen unha forma e estrutura normais ou, pola contra, están alteradas. Exemplo: glóbulos vermellos (tamén chamados hemacias), leucocitos, neutrófilos...

. Bioquímica: é o estudo das substancias químicas presentes no sangue. Exemplos: potasio, calcio, sodio, magnesio, vitaminas, hormonas...


No hay comentarios:

Publicar un comentario