SLIDER

sábado, 16 de noviembre de 2013

A historia da morte da ameixa «Ming», o animal máis vello do mundo, uns 507 anos


O vello «Ming», da especie Arctica islandica, foi recuperado en 2006 durante unha campaña en augas costeiras islandesas que formaba parte dun proxecto de investigación sobre os cambios climáticos nos últimos 1.000 anos. Estas ameixas resultan moi útiles neste tipo de estudos, xa que conteñen rexistros moi significativos dos cambios climáticos mariños incrustados nas súas cunchas.

A historia da morte da ameixa «Ming», o animal máis vello do mundo, uns 507 anos, ás mans dos seus investigadores conseguiu captar a atención de medio mundo ata o punto de converterse nunha absurda e surrealista trama de novela negra. 
Ante as queixas dalgúns enfurecidos amantes dos animais e a aparición dalgunhas interpretacións erróneas do suceso, os científicos que examinaron o exemplar, da Escola de Ciencias do Mar da Universidade de Bangoren Gales (Reino Unido), víronse obrigados a facer público un comunicado con algunhas aclaracións ao respecto. 
Aseguran que xamais tiveron a intención de rematar coa vida dun exemplar tan lonxevo, xa que antes de abrir a cuncha para examinala, proceso no que a ameixa morre inevitablemente, non podían saber de ningún xeito a súa idade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario