SLIDER

miércoles, 13 de noviembre de 2013

O corte de dixestión, realidade ou mito?

Pregunta formulada nas dúas clases de 3º de ESO...

A doutora Iria González Rivera, pediatra do hospital materno infantil da Coruña e máis conciliadora entre a ciencia e o saber popular, axúdanos a discernir canto hai de realidade e canto de mito tras os cortes de dixestión.

Trátase dun shock que se produce ao someter o corpo -en particular, a pel e as vías respiratorias superiores- a un cambio brusco de temperatura por contacto coa auga, como o que se pode sufrir nos días de máis calor do verán ao somerxerse no mar ou nunha piscina.

Segundo explica a pediatra, cando se produce ese cambio de temperatura, o corpo reacciona reducindo sensiblemente o ritmo cardíaco -unha das consecuencias do que se coñece como reflexo de inmersión- e concentrando máis sangue na pel para contrarrestar o choque térmico. Isto pode provocar que o cerebro non reciba o suficiente rego sanguíneo, o que conduce a un desmaio ou perda de coñecemento (a síncope propiamente dita).

Realmente, a síncope non afecta ao proceso dixestivo, pero este último aumenta o risco de sufrilo, de aí que callase a denominación popular de corte de dixestión. Cando o organismo está a procesar os alimentos envía máis sangue ao sistema dixestivo para realizar esa función, polo que en caso dun cambio térmico moi brusco o sangue dispoñible para o cerebro é aínda menor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario