SLIDER

jueves, 21 de noviembre de 2013

Espectacular "nacemento" dunha illa en Xapón


A forte actividade volcánica submarina rexistrada no Océano Pacífico formou unha nova pequena illa a uns mil quilómetros ao sur de Tokyo, segundo informou este xoves o Servizo xaponés de Gardacostas.

O novo illote ocupa aproximadamente 200 metros de ancho e encóntrase situado ao sueste da deshabitada illa volcánica deNishinoshima, que pertence ao pequeno arquipélago de Ogasawara(na prefectura de Tokyo), moi afastado da principal illa de Xapón.

Unhas espectaculares imaxes recollidas pola cadea nipoa NHK e gravadas polo servizo nipón de Guardacostas mostran como unha columna de fume branco duns 600 metros se une cunha nube de cinza negra provocada polas violentas explosións xeradas no interior do volcán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario