SLIDER

lunes, 25 de noviembre de 2013

GCiencia. Nova páxina web Galega de Ciencia



A súa presentación é a seguinte:

GCiencia
é un novo medio de información e divulgación científica desde Galicia.

Cremos que Galicia ten un patrimonio de profesionais e centros de investigación que merece ser divulgado, dentro e fóra das nosas fronteiras.

Queremos achegar a ciencia a todos os públicos. E facelo desde unha perspectiva xornalística. Empregando a linguaxe audiovisual. E utilizando tres idiomas: Galego, castelán e inglés, para chegar ós públicos máis amplos a través da rede.

Para conquerilo, contamos e agradecemos o asesoramento de científicos de recoñecido prestixio, a través das nosas tribunas e do noso futuro Comité Asesor.

GCiencia é un proxecto creado e codirixido polos xornalistas Eduardo Rolland e Pablo López, que conta coa coordinación dixital de Alberto Quian e cun equipo de profesionais do xornalismo e do audiovisual.

GCiencia quere ser o portal da ciencia galega. Un escaparate da investigación de Galicia cara ó mundo.


Pica na Imaxe para acceder á Web.


Tamén podedes atopar o enlace na sección "Enlaces de Interese" do blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario