SLIDER

jueves, 13 de febrero de 2014

O sono da fusión nuclear, mais preto


Despois de varias décadas de esforzos falidos, investigadores conseguen por primeira vez que un reactor produza unha boa cantidade da enerxía limpa, inesgotable e segura das estrelas.

Un equipo do Lawrence Livermore National Laboratory acaba de conseguir, por vez primeira, que un reactor de fusión nuclear produza máis enerxía da que consume. Un gran paso cara ao obxectivo de poder usar no futuro unha fonte enerxética inesgotable e limpa, a mesma que utilizan as estrelas. O logro publícase hoxe na revista Nature.

O maior problema co que se enfrontaron ata agora os reactores de fusión nuclear foi o de xerar unha cantidade de enerxía igual ou superior á que se necesita para poñer en marcha o proceso de fusión. De feito, ás altas temperaturas ás que a fusión nuclear se produce (decenas de miles de graos), a materia (hidróxeno ou helio) que se usa como combustible non está en estado sólido, nin líquido nin gasoso, senón nun "cuarto estado" chamado plasma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario