SLIDER

sábado, 1 de febrero de 2014

Identifican a área do cerebro que nos fai humanos


Ao parecer, diferenciámonos dos chimpancés, os nosos parentes non humanos máis próximos, nunha porcentaxe moi pequena do noso xenoma. Aínda que parece que esas diferenzas aumentan se se bota unha mirada máis detida e poderían ser mesmo dez veces maiores do que cría nun principio. En calquera caso, o que nos diferencia deberá estar no cerebro. E dentro deste, na codia, a parte máis evolucionada do cerebro, como explicaba o neurocientífico Antonio Damasio. E precisando máis aínda, resalta, en como as distintas zonas da codia se conectan entre si e con outras rexións do cerebro.

E nesta dirección van os achado dun estudo da Universidade de Oxford publicado na revista Neuron que comparou mediante imaxes de resonancia magnética en 25 monos macaco e 25 humanos doce áreas a codia frontal ventrolateral. Esta zona do cerebro só está presente nos humanos e outros primates e relacionouse tamén con procesos considerados tipicamente humanos como a linguaxe, a flexibilidade cognitiva -que nos permite adaptarnos a un ámbito cambiante-, e á toma de decisións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario