SLIDER

sábado, 1 de febrero de 2014

Por que explota o millo ao facer flocos de millo?


Cando se quentan os grans ata unha temperatura de 66ºC, o amidón absorbe a humidade contida no interior do gran. Ao continuar quentando chega un momento en que se alcanza a temperatura de ebulición da auga. Se o revestimento fose poroso, o vapor de auga escaparía do interior do gran. Pero o revestimento nesta variedade de millo non só non é poroso senón que, ademais, é moi resistente. Así que, a medida que os grans se quentan a temperaturas superiores aos 100ºC sen cambios notables, a presión interna nestes vai aumentando. Cando se alcanzan temperaturas da orde de 175-180ºC, a presión interna nos grans chega a ser unhas nove veces superior á atmosfera e a cobertura explota: a auga absorbida no amidón evapórase e expándese rapidamente, e o amidón remata en forma de escuma seca e crocante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario