SLIDER

jueves, 13 de noviembre de 2014

Astrónomos valencianos descobren os primeiros lóstregos dende un burato negro



Un grupo internacional de investigadores, con participación do Observatori Astronòmic de la Universitat de València, descubriu os primeiros lóstregos dende un burato negro a partir da erupción coas variacións de brillo máis potentes nun obxecto extragaláctico nunca observadas ata a actualidade. Segundo a investigación, publicada na «revista Science», trátase de flashes dunha duración de só cinco minutos. É un fortísimo fenómeno de raios gamma na galaxia IC 310.

A radiogalaxia IC 310 na constelación de Perseo está a unha distancia de 260 millóns de anos luz da terra. Os astrónomos cren que o seu centro alberga un burato negro supermasivo. No centro desta galaxia produciuse unha forte erupción de raios gamma que foi detectada polo telescopio MAGIC na illa de La Palma, con imaxes complementarias da rede europea de interferometría EVN.

Os investigadores observaron con sorpresa variacións na radiación procedente do corazón da galaxia IC 310 en escalas de tempo de cinco minutos. «O horizonte de sucesos do burato negro -a superficie do espazo-tempo a partir da cal nada pode escapar do burato negro, sequera a luz- é tres veces maior que a distancia entre a Terra e o sol, isto é, 450 millóns de quilómetros. A luz necesita 25 minutos para percorrer esta distancia», detalla a «alphagalileo.org» Eduardo Ros, investigador do Max Planck de Radioastronomía e a Universitat de València, un dos autores do traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario