SLIDER

lunes, 24 de noviembre de 2014

Crean unha luva para trepar por un vidro como o home araña



Aspirantes a superheroes poderán moi pronto treparse polas paredes como o home araña grazas un novo dispositivo desenvolvido por un equipo de investigadores que lle permite a un ser humano escalar sen problemas unha parede vertical lisa.
O material empregado no dispositivo está inspirado no geco tokay, unha lagarta oriúnda de Asia que se despraza sen inconvenientes por superficies verticais planas.
Dende hai anos, investigadores trataron de dilucidar como fan para trepar estas lagartas.
Non obstante ata agora, replicar o sistema de adhesión das pequenas patas destes réptiles a unha escala maior -do tamaño dunha man-, sen perder efectividade, non resultou doado.
E isto é precisamente o que lograron os científicos da Universidade de Stanford, en California, en colaboración coa Axencia de Proxectos de Investigación Avanzados de Defensa (Darpa), de Estados Unidos: crear unha luva de silicona do tamaño dunha man que funciona perfectamente para ascender por unha parede de vidro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario