SLIDER

viernes, 21 de noviembre de 2014

Descenso ao «fin do mundo»


Unha misión científica rusa descendeu por primeira vez esta semana ao cráter formado na península de Yamal, no norte de Siberia, coñecido como «o fin do mundo». Os expertos, que esperan botar luz sobre como se formou este enorme burato, traballan coa hipótese de que foi causado por explosións subterráneas de gas, da mesma forma, que as erupcións baixo o Océano Atlántico puideron dar lugar ao Triángulo da Bermudas.

O diario Siberian Times revela novas imaxes do interior do «cráter do fin do mundo». Os científicos utilizaron un equipo de escalada para descender ata a base do cráter, un lago conxelado a 10,5 metros de profundidade.

Andrey Plejánov, investigador sénior do Centro Científico Estatal de Investigación do Ártico, sinalou en xullo a Siberian Times que o cráter «apareceu fai relativamente pouco tempo, talvez hai un ano ou dous; polo que é unha formación recente, non estamos falando de decenas de anos atrás».

Anna Kurchatova, do Centro de Investigación Científica do Sub-Ártico, cre que o cráter se formou por unha mestura de auga, sal e gas activado nunha explosión subterránea como resultado do quentamento global. O gas acumulouse no xeo mesturado con area debaixo da superficie e mesturouse con sal hai uns 10.000 anos cando esta zona era un mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario