SLIDER

viernes, 14 de noviembre de 2014

Teoría "Bola de Neve".

Aínda que se trata dunha hipótese moi discutida, é admitido que durante uns 200 m.a. a Terra estivo sometida ás temperaturas máis baixas de toda a súa historia. Por iso este período chámase "Crioxénico"(850-635 m.a.). 
O debate entre os científicos céntrase en coñecer se realmente a glaciación foi global ou se localizou en zonas máis ou menos extensas, pero sen cubrir todo o planeta.
O que parece claro é que durante ese período se sucederon varios episodios de arrefriamento intenso que fixeron avanzar os xeos ata lugares situados en climas cálidos, como así o demostran os achados de importantes depósitos de "tillitas" en zonas que entón se encontraban moi próximas ao ecuador. As tillitas son rochas formadas por depósitos das moreas glaciares, enterrados elitigiados co tempo, polo que é lóxico deducir que onde se encontren estas habería no seu tempo un glaciar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario