SLIDER

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Histórica aterraxe nun cometa


O día de hoxe quedará marcado no calendario da exploración espacial. Por primeira vez, un enxeño feito polo home, chamado Philae, conseguiu aterrar sobre un cometa, o 67P// Churyumov-Gerasimenko. Logrouno despois de separarse dunha nave espacial, Rosetta, lanzada ao espazo hai unha década e que o pasado agosto alcanzou a rocha espacial. A sonda acompañará ao cometa durante o próximo ano e medio e o módulo de aterraxe, se consegue recargar as súas baterías cos paneis solares dos que está recuberto, enviará valiosos datos científicos durante os próximos tres meses.

Non obstante, producíronse unha serie de fallos técnicos que poden enturbar o éxito da misión. A ancoraxe do módulo ao cometa non é todo o firme que estaba previsto. Dous dos tres sistemas existentes, o motor de rebote e os dous arpóns de ancoraxe, non se activaron, polo que Philae está suxeito á superficie do cometa polos tornilos das súas patas, que se activaron nada mais tocar o chan. Nada máis.


A pesar do inconveniente, un polgar cara a arriba e un amplo sorriso despexaron as sombras. Philae estaba suxeito á superficie do cometa. Os parafusos das súas patas penetraran varios centímetros no duro chan do cometa e suxeitaban o módulo de cen quilogramos de peso. A misión fora un éxito.

Philae comezará inmediatamente a perforar e a analizar a composición da superficie do cometa coa súa batería de instrumentos científicos. Farao sen problemas durante as próximas 64 horas, o tempo que durarán as súas baterías.

Se os paneis solares dos que está recuberto conseguen recargalo,Philae podería seguir enviando datos durante preto de tres meses. Todo depende de se, na posición na que se encontra, recibe a suficiente cantidade de raios solares. Se non, e como xa dixo o director da misión Rosetta, cada minuto que vaia máis alá desas 64 horas será un regalo para a Ciencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario