SLIDER

jueves, 4 de septiembre de 2014

Un asteroide de 20 metros «rozará» a Terra o domingo


Un pequeno asteroide de 20 metros pasará realmente preto da Terra este domingo, 7 de setembro. No momento de máxima aproximación, ás 18.18 UT (dúas horas máis na Península ibérica), a rocha situarase máis ou menos sobre Nova Zelandia, a unha décima parte da distancia que separa o centro do noso planeta da Lúa, uns 40.000 km. Os astrónomos aseguran que a «visita» non entraña ningún risco. A rocha que máis se nos achegou dende que se estudan as órbitas destes obxectos, en febreiro de 2013, pasou sen problemas a 27.700 km, e a distancia do próximo visitante é moito maior.

O asteroide, denominado 2014 RC, foi descuberto o pasado 31 de agosto polo Catalina Sky Survey, preto de Tucson, Arizona (EUA). A noite seguinte, foi detectado polo telescopio Pan-STARRS 1, enMaui, Hawái. Ambos os dous informaron das súas observacións ao Centro de Planetas Menores en Cambridge, Massachusetts, segundo deu a coñecer a NASA nun comunicado.

No momento de máxima aproximación, a magnitude aparente do asteroide será de aproximadamente 11,5, o que fai que non sexa observable a simple vista. Non obstante, os astrónomos afeccionados con telescopios pequenos si poderán enxergar como o asteroide se move rapidamente nas proximidades da Terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario