SLIDER

domingo, 14 de septiembre de 2014

Xapón realiza o primeiro transplante en humanos de células iPS


Xapón deu este venres un salto cualitativo na investigación con células nai
Un equipo médico do Instituto Riken, un dos máis prestixiosos do país, implantou por primeira vez no mundo células iPS humanas, convertidas en retinas, nunha intervención que se prolongou dúas horas. 
A paciente é unha muller de 70 anos que sofre unha grave dexeneración macular asociada á idade, a principal causa de cegueira no mundo.

As células iPS, ou de pluripotencia inducida, obtéñense de simples células da pel do paciente e transfórmanse en calquera dos tecidos e tipos celulares do corpo, de tal forma que se evita toda posibilidade de rexeitamento inmunolóxico. Son ademais, polo que sabe ata hoxe a comunidade científica, tan versátiles como as células nai embrionarias, pero a diferenza delas non espertan receos éticos porque non esixen destruír un embrión. Os reparos son sobre a súa seguridade.


Que son as células IPS?... vídeo explicativo


No hay comentarios:

Publicar un comentario