SLIDER

jueves, 4 de septiembre de 2014

Un museo danés descobre unha colección perdida de Darwin


O Museo de Historia Natural de Dinamarca descubriu entre os seus fondos unha colección de 77 especies de percebes que un dos máis grandes científicos da historia, Charles Darwin, enviou como regalo o seu colega danés Japetus Steenstrup en 1859. Ata agora, ninguén no museo coñecía que posuía un anaco de historia científica dese calibre.

O pai da teoría da evolución e Steenstrup mantiñan correspondencia acerca dos seus descubrimentos e deducións científicas. A xefe de exposicións do museo, Hanne Strager, estaba a estudar esa correspondencia e comezou a sospeitar que algún tesouro se escondía nalgunha parte. Pronto iniciou a «caza» entre os 14 millóns de obxectos do museo.

«Sabiamos que Steenstrup prestou cirrípedos a Darwin. Soñabamos con que un día nos iamos encontrar cun obxecto que Darwin tomara prestado de Steenstrup e que logo devolvera a Copenhaguen -algo que poderiamos dicir que Darwin estudara persoalmente-, pero encontramos algo moito mellor», di Strager.

E é que Darwin non só devolveu os percebes, tamén enviou unha caixa doutras 77 especies de cirrípedos coidadosamente seleccionados para Steenstrup a xeito de agradecemento. Hanne Strager descubriu isto por casualidade mentres estudaba a súa correspondencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario