O Buró Federal de Investigación (FBI) de EE UU devolveu ao complexo museístico Institución Smithsonian de Washington unha carta escrita polo naturalista inglés Charles Darwin que foi roubada presuntamente por un bolseiro hai varias décadas, informou onte a propia institución nun comunicado.
"A metade dos anos 70 démonos conta de que (a carta) desaparecera. De acordo coa información do FBI, probablemente foi un bolseiro que lla levou cando ninguén estaba a vixiar", indicou a portavoz de Smithsonian Effie Kapsalis.
Trátase dunha carta escrita por Darwin, pioneiro da teoría da selección natural, na que agradece ao xeólogo estadounidense Ferdinand Vandeveer Hayden que lle enviase copias das súas investigacións da rexión do actual Parque Nacional de Yellowstone (EE UU).
Nas expedicións de Hayden, levadas a cabo entre 1850 e 1870, o científico descubriu varios fósiles de dinosauros, que estudou concienzudamente durante anos para establecer unha liña cronolóxica do período Cretácico, en gran medida influído pola Orixe das especies, de Darwin.
No hay comentarios:
Publicar un comentario